Site logo

Derradeiras vontades

stacks_image_F5CCF135-AFCD-43D2-B5C2-51618FBE6161
Derradeiras vontades I

José Barroso Castro y Xoán Manuel Neira Pérez


GALLAECIA, 4 ~ ARTE MAIOR_ensaio
ISBN 978-84-938946-6-5 (del Tomo I); 978-84-938946-5-8 (de la obra).
448 págs.
124,80 € - PVP 129,80 € (Precio por los dos volúmenes, no se venden por separado) - PROMOCIÓN ESPECIAL POR COMPRA EN WEB 50 € (IVA incl., precio por los dos volúmenes, no se venden por separado)
Tapa dura: 17, 7 x 24, 7 cm
Publicación: octubre, 2011.




stacks_image_145EEFB0-22F6-4698-8D06-DCE20C15C33E




Derradeiras vontades II


José Barroso Castro y Xoán Manuel Neira Pérez


GALLAECIA, 4 ~ ARTE MAIOR_ensaio
ISBN 978-84-938946-7-2 (del Tomo II); 978-84-938946-5-8 (de la obra).
500 págs.
124,80 € - PVP 129,80 € (Precio por los dos volúmenes, no se venden por separado) - PROMOCIÓN ESPECIAL POR COMPRA EN WEB 50 € (IVA incl., precio por los dos volúmenes, no se venden por separado)
Tapa dura: 17, 7 x 24, 7 cm
Publicación: octubre, 2011.
A morte no mundo actual ou ben se esconde ou ben é unha especie de mors subitanea e express que ten que pasar canto antes. Pola contra, na Idade Media a morte é un feito natural e cotián. O autor aborda neste estudo o feito da morte no contexto galego da vila de Noia na Idade Media e na Idade Moderna.
Ofrécesenos nos máis de 60 documentos notariais que manexa o autor un círculo da comunicación con tres partes ben diferenciadas: gremios de Noia, clérigos da Confraría da Concepción de Noia, notarios. Son documentos de derradeiras vontades con doazóns a cambio de misas de aniversario pola salvación da alma do dóante.
Os estudosos que trataron o tema da morte na Idade Media (Chiffoleau, Vovelle, Ariès) estudan o tema das últimas vontades desde termos transaccionais e económicos O autor deste volumen pensan que os estudosos esquecen que a cultura medieval é unha cultura netamente relixiosa. Os homes da Idade Media constrúen a súa vida e a súa morte "diante de Deus".
Precisamente estes clérigos ocupáronse da morte e poden ser chamados clérigos da morte. Eran homes de igrexa dedicados ao coidado de enfermos e a rezar pola salvación das almas dos seus fieis. Unha socioloxía fría e atenta aos datos, prefire mirar as doazóns desde un punto de vista de transacción económica ou de egoísmo persoal, coma se o que doa quixese comprar o máis aló. Pero tanto clérigos como gremios, como notarios vivían nunha cultura relixiosa onde a conciencia vén xulgada e examinada por un Deus misericordioso.
Este estudo ten a virtude de presentar 9 unidades didácticas ao redor da morte medieval; están preparadas de forma sistemática e a conciencia. Son 9 ferramentas fundamentais para a formación dos mozos nun mundo actual onde é moi necesaria a formación e o estudo.


© 2009 Editorial Mendaur Contáctanos